Banner da portada



Inicio>Temas empresariais>Vixilancia tecnolóxica
Vixilancia tecnolóxica

O obxectivo da vixilancia tecnolóxica é a obtención continuada e a análise sistemática de información de valor estratéxico sobre tecnoloxías e as súas tendencias previsibles, para a toma de decisións empresariais.

A través do programa Innovación a Unión Europea propón a formación, transferencia de coñecemento e boas prácticas e a difusión da intelixencia económica e tecnolóxica. Exemplos destes programas son o SAIL, o metaforesight, o ONLIi, ...

Non podemos falar de negocios empresariais sen o consentimento das axudas tecnolóxicas, hoxe en día as firmas deben camiñar da man das novas propostas en I+D+i.

Dende GaliciaPMS propoñémosche información actualizada e que ten que ver coas novas tecnoloxías, tendencias do mercado, e outros ámbitos que poden supoñer oportunidades de importancia para unha empresa estándar: patentes, produtos, estratexias, …

Fomentando a mellora tecnolóxica no país

En Galicia destacan varias organizacións que traballan na innovación tecnolóxica ofrecendo novos recursos, información de actividades, ferramentas informáticas, demostracións... e que dende a súa posta en marcha contan con boa acollida entre o público empresarial.

O SEGAPI ten como misión actuar como oficina de recepción das solicitudes de títulos de propiedade industrial, prestar servizos de información rexistral e tecnolóxica e desenvolver actuacións de sensibilización sobre a necesidade de involucrar a vixilancia tecnolóxica e a propiedade industrial como etapas clave nos procesos de innovación en Galicia.

Trátase dun centro de axuda aos empresarios pioneiro en Galicia. Este proxecto busca acercar a actividade empresarial ao mundo da tecnoloxía co fin de incrementar a produtividade galega e acelerar a tecnificación industrial.

Actualmente desprega varias liñas de actuación: ciclos de formación, instruccións en comunicacións e novas tecnoloxías (teleformación);demostración das aplicacións de novos aparatos, calendario de eventos, visitas didácticas, ...

Trátase dun punto de encontro dixital que facilita a implantación do software libre en Galicia. Mancomún ofrece diariamente información sobre novas tecnoloxías aplicadas en diferentes ámbitos, a posibilidade de colaborar desenvolvendo aplicacións, ofertas de traballo, xornadas, actividades, taboleiro de eventos e un longo etc.

Unha das últimas novidades deste portal web é a publicación dun DVD de ferramentas informáticas para pemes gratuítas

Esta organización presenta instalacións equipadas para a realización de eventos ou demostracións sobre novas tecnoloxías aplicadas a plans de negocios empresariais.
Con este obxectivo, SITE crea a figura da empresa colaboradora que pode presentar os seus produtos e servizos realizar demostracións.

As empresas teñen acceso aos contidos restrinxidos da web, entre os que figuran documentación sobre as ponencias das xornadas celebradas en SITE ou temas de interese como convocatorias de axudas ou subvencións públicas.

O Observatorio de Prospectiva Tecnológica Industrial é unha fundación a nivel estatal que xenera información intelixente sobre a evolución e futuro da ciencia e a tecnoloxía a longo e medio prazo.

Razóns para patentar as invencións

Realizar patentes permítenos adquirir unha sólida posición no mercado e vantaxe competitiva.
A patente concédelle ao titular o dereito exclusivo de impedir que outros utilicen comercialmente a invención patentada reducindo deste xeito a incertidume, o risco e a competencia de imitadores.

Outra das vantaxes de patentar unha invención é a posibilidade de obter ingresos adicionais pola concesión dunha licencias sobre a patente ou a súa cesión. Como titular dunha patente poden cederse os dereitos sobre a invención a cambio de sumas fixas e/ou regalías.

Tamén se reducen os riscos de infracción. Ao obter a protección por patente pode impedirse que outros patenten a mesma invención reducindo ao mesmo tempo os riscos de infrinxir os dereitos de outros a comercializar os produtos.

Unha patente impide que outros patenten invencións similares ou idénticas e proporciona unha indicación da invención que se patentou é nova.

Ademais aumenta a capacidade de obter financiación a un tipo de interese razoable. A titularidade das patentes (ou licencias para utilizar patentes de terceiros) pode aumentar a capacidade para obter capital para poñer un produto no mercado.

Por último unha patente damos unha imaxe positiva da empresa ao fin de proxectar cara o público unha imaxe innovadora.

Aceso directo a o foro

Correo web

Enterpemes

Directorio de Empresas